Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 629
Clasificación Genérica Insignias; Obxectos devocionais
Objeto/Documento Vieira
Materia/Soporte Cuncha de vieira [Pectem Máximus]
Dimensiones Longo = 3,10 cm; Altura = 9,20 cm; Anchura = 10,10 cm
Descripción Vieira natural (Pecten Máximus) de cor branquecina. Na parte superior presenta dúas perforacións que servirían para pasar un cordón e levar colgada do pescozo ou de calquera outra parte
Iconografia Vieira
Datación 1120[ca] (A proximidade do achado á chamada torre de D. Cresconio permite determinar 1120 como data ante quem para a súa cronoloxía dado que foi o ano en que Xelmírez derrubou dita torre para continua-la construcción do corpo da catedral románica.)
Contexto Cultural/Estilo Románico
Uso/función Simbólico. Como atributo xacobeo.
Descriptores Geográficos Santiago de Compostela
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Lugar Específico/Yacimiento Catedral de Santiago
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: Santiago de Compostela, 1000 ans de pélerinage européenne Europalia 85. Gante, 1995. Vlll Centenario del Pórtico de la Gloria. 1988, Santiago. Santiago, Camiño de Europa. 1 de xullo - 30 de setembro, Santiago de Compostela. 1993. La espiritualidad y la peregrinación jacobea. Exposición Universal de Lisboa. 1998. Pabellón de Galicia. Lisboa-Santiago. Museo da Ciencia e da Técnica. Casa das Artes . Coimbra. 16 Decembro - 25 de Xaneiro. Museo dos Transportes. Sala Alfándega . Porto. 4 febreiro-26 Marzo. 1999. Portugal. Romei e Giubilei. Il Pellegrinaggio medievale a San Pietro (350-1350), Roma, Palazzo Venezia, 29 outubro de 1999 a 26 de febreiro de 2000.
Clasificación Razonada A existencia de dúas perforacións preto do seu vértice unido ao feito de ser atopada sobre un esqueleto e nunha tumba situada na nave colateral norte da catedral de Santiago, confirman o seu uso como insignia de peregrino. Precisamente, a cuncha de vieira converteuse desde moi cedo no elemento simbólico por antonomasia da peregrinación xacobea (en tanto que se recibía ao chegar a Compostela como un certificado da realización da mesma), así como na garantía para obter axudas e mesmo privilexios durante a viaxe. En efecto, os peregrinos adoitaban colgar do seu colo ou prender nas súas roupas unha cuncha (natural ou reproducida en diversos materiais: chumbo, estaño, acibeche ou en metais nobres, segundo o poder adquisitivo) comprada ás portas da catedral. O seu comercio foi regulado no ano 1200 polo arcebispo D. Pedro Suárez de Deza e no ano 1230 será monopolizado por un dos gremios máis antigos da cidade: o dos Cuncheiros.
A vieira, convertida xa nun símbolo universal, empregarase tamén como elemento distintivo noutras peregrinacións europeas a partir do século XIV.
Bibliografía MORALEJO ÁLVAREZ, Serafín. Concha de peregrino. Santiago, Camino de Europa: culto y cultura en la peregrinación a Compostela, edición a cargo de Serafín Moralejo y Fernando López Alsina. Santiago de Compostela: Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, 1993. pp. 356-357.
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
| más imágenes |

Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6